Non reces por min

Non, non por min.
Non reces por min.
Eu non o fixen e non o farei por ti.
Agradézocho, pero
se alguén precisa forza hoxe es ti.

Aquí, dende o meu cadaleito véxote.
Estás débil e doído. Doída.
Podo chegar a entenderte e si,
acepto, ora, pero
se alguén precisa ánimo hoxe es ti.

Lémbrame e non me esquezas
se así o queres. Non o merezo.
Gárdame coma son.
Ou mellor, coma fun.
Pero se alguén precisa cariño hoxe
es ti.

Velaí o ves. Aí o tes.
Aí, diante, aí mesmo. Podes ler
a miña vida: alguén que,
alomenos, tentouno.

Pero iso só é o meu epitafio.
Hoxe, es ti.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s