Unha voz

Houbo un día no que había unha voz.
Esa voz falaba alto,
falaba alto e claro,
falaba forte e doce.
Dicía o que tiña que dicir
e as orellas aprestaban a súa atención.

Esa voz respectábase,
escotábase e atendíase.
Oíase ao lonxe con intensidade
e susurraba estando cerca.
Foron tempos, xa levados,
nos que as palabras achegaban significado.

Esa voz cansou e deixou de falar,
deixou de estar,
deixou de soar,
deixou paso ao silencio
e o silencio recobrou o seu valor.
I entón chegaron tempos de saudade.

O silencio, coa saudade, trouxo a razón.
A razón, ao pensamento.
O pensamento, ás ideas.
As ideas, á creatividade.
A creatividade, á poesía.
E a poesía…

A poesía tróuxote a ti.

Advertisements

6 reflexións sobre “Unha voz

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s