Ata sempre, Fito

Levo unha boa temporada sen escribir. Recoñezo que non teño moitas ganas. Son tempos difíciles na casa e a loita contra o cancro desgasta e concentra toda a atención, aínda sendo en corpo alleo.

Sempre definín esa doenza coma unha enfermedade dura especialmente pola grande carga sentimental que leva aparellada, sobre todo no tratamento da quimioterapia. É algo que non é posible escribilo, nin describilo, só vivilo. Eu deséxovos que nunca o vivades preto. E aínda por forte que un se vexa, se crea ou máis ben se amose, para reforzar as forzas de quen o precisa, hai días nos que a realidade te amosa o verdadeiramente débil que es e o verdadeiramente débil que é a túa fortaleza. Hoxe, esta noite, estou vivindo un deses momentos. E por iso escribo estas letras.

A fonte da miña tristura de hoxe ten unha razón concreta: a nova do pasamento de Fito, o coñecido cantante e case que a personalidade do grupo A Roda. Coa única intención de renderlle un pequeno pero moi sentido homenaxe á sua figura aquí estou, compartindo a miña tristura, pero tamén compartindo contigo a súa voz e a súa música, a nosa música.

Fito, e mesmo A Roda, forman parte da miña infancia, son facianas que están grabadas na miña máis pueril memoria. Hoxe, nesa esquiniña que aínda gardo, nese neno que fun e que aínda levo dentro, despídome, con vós, del.

Ata sempre, Fito.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s