Sabes? Non tes faciana

Estarás na cama. Sentado. Ou sentada. Agora que a tecnoloxía permítenos ter internet na man, o ordenador de tableta ábre unha ventá completa no recuncho máis íntimo das nosas casas. Ou, se cadra, e antes de durmir, estás consultando, co teléfono na man, as últimas novedades dos teus contactos.

Pode que esteas recostada. O cóbado apoiado no colchón e a cabeza apoiada na palma da man. A túa melena, recollida nunha coleta medio desfeita xa, cae sobre a almofada dun xeito despreocupado, natural, liberado. Enches a habitación con algo de música. Nace no mesmo ordenador portátil no que les. Música suave, lixeira, relaxante. Tchaikovsky e a súa intensidade. Quizáis un Chopin máis alegórico. Ou mesmo Los piratas. Paréceche?

Ou pode ser que esteas na oficina. Si, todos sabemos que non debemos facelo pero, non nos enganemos, facémolo. Entre as moreas de papeis que se acumulan nun escritorio medio ordenado e os sons dos teléfonos que contaxian o seu nervosismo co seu agudo timbre. Entó é cando gardas un anaco de tempo para ti e regálasme un pouquiño da túa atención pasándote por aquí antes de entrar nesa tan pouco inspiradora reunión.

Pois, sabes? Non tes faciana. Non.

Non a tes. Es, máis ben, unha ollada. Uns ollos curiosos, expectantes, con curiosidade. Uns ollos grandes que espreitan con ganas entre as liñas, entre as letras. O certo é que imaxino eses ollos alumeados, vivos, ilusionados, case coma os dun neno na mañá do día de Reis ao descubrir que hai paquetes que levan o seu nome. Ollos interesados por continuar a letura.

Es uns ollos nunha sala máis ben a escuras, na noitiña. Se cadra, coa luz de letura acendida. Se cadra apagada, e acendida a luz cara o teito, enchendo así un pouquiño máis o espazo coa luz indireta. Namentras, nas paredes brancas parecen xogar as sombras do televexo, acendido coa intención de non sentires esa terrorífica soidade que durme na noite.

E sabes? Gústame imaxinarte así. Uns ollos. O espello da nosa alma.

Advertisements

2 reflexións sobre “Sabes? Non tes faciana

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s