Un bico na comisura dos beizos

Añórasme.
Para a miña sorpresa, añórasme
e botas en falta a miña presenza,
notas a ausencia das miñas palabras,
sintes baleiro o espazo sen min.

Sorpréndesme.
Eu nunca pensara que fora eu
quen estivera na túa mirada.
Non, nunca imaxinara foras ti
quen desexaras a miña confianza.

Esgótasme.
Cando estou lonxe da túa pel
e desexas aínda máis de min.
Agora, hoxe, onte, mañá… sempre!
Fume na habitación. Carmín.

Ilusiónasme.
Cando a túa mirada ilumina,
na escura noite, o meu sono,
e no meu leito, escravo,
descubro da túa ausencia.

Compréndesme.
E falas, sen dicir nada,
caladiña, sen deixar de contar
historias dun tempo real,
e contos dunha realidade atemporal.

Si, para a miña saudade añórasme,
sorpréndesme, esgótasme,
ilusiónasme, compréndesme…
Es un bico na comisura dos beizos.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s