Retratos da miña xente [I]

Simplicidade.
É simplemente sinxela na súa complexidade.
Baixiña, cativiña e grande. Moi grande. Tálmente un tarro de esencias.
De maior, eu tamén quixera ser coma ela.
Non se nota nunca a súa presenza.
No seu recuncho, entre as fiestras, cun café quente nas mans e un ordenador acendido,
refuxiada entre moreas de papeis ordenados que axudan a escondela,
máis aínda, entre o máis preciado.

A cadeira baleira
lembra hoxe a cada momento todo o que se perde na súa ausencia.
O noso tempo, que fuxe. Temporalidade que mata.
Que mata, si, que nos matará. Que nos acabará por matar?
Traballa porque traballa.
Non hai ruído nin sabe de alardes,
nin busca caras recompensas nin palmadiñas baratas. Só traballa.
Non a toques máis: velaí a súa grande grandeza.

Os pensamentos
escapan entón do escritorio ao corazón.
Marabillosos momentos de oficina compartidos que confunden
compañeiros, amigos e confidentes.
Os seus principios
sempre ben gardados nos seus petos, cheos de tanto, de tantos!
Difícil atopalos mellores. Están ben protexidos, ben usados.
Están tan ben construídos!

Suave.
E tamén doce. E enérxica. Delicada na súa fortaleza.
Fortaleza de nai, moza, filla, muller ou amiga, pero fortaleza.
Debilidade de animal humano ferido, e mais curado.
E non a ves, non.
Nembargantes sempre loce. Brila coma astro rexente,
loce cando está, porque non estás,
e loce cando non está, porque sabes que volverás.

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s