Cousas do descanso anual

Nestes días estiven en silencio. Cousas do descanso anual e dunha escapada que fixen. De cando en vez, é bo saír do meu tobo, non si?

E de regreso atópome cunha lista case que interminable de cousas pendentes:

– recuperarme dun arrefriado
– recuperar o ordenador portátil… se fora posible
– uns alzados que están a medio facer
– un informe que tamén está a medio facer
– retomar un manual, o que me da unha pereza…
– as láminas pendentes…
– un curso en teleformación…
– actualizar este blogue coas catro ideas que roldan na miña cabeciña…
– a familia, que coma eles din, “pero se estás de vacacións!!!”
– os amigos, porque tamén dicides o mesmo
– eu… ben, se cadra

Non é unha axenda, nin sequera é, de seguro, unha lista completa de todas as cousas que teño na miña vida, e hai moito máis do que, de seguro, arestora, pásaseme pola cabeza, pero… En fin, que a vida dunha persoa xorde máis alá da esfera dixital e hoxe por hoxe, este animaliño con zapatillas fai boa a frase da televisión: “a cabeza non para!!!”

Boas noites… non me esquezo de vós!!!

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s