Fotoescrita: o meu salón

O sofá ocupado e a televisión acendida.
Un baúl pechado e unha planta verde.
As ventás entreabertas e o sol sen forza xa.
O vello armario cheo de pratos e cuncas e bandexas desordenadas.
Na mesa baixa un cinceiro novo lembrando París.
Dous caixóns entre estantes con algúns libros.
Un almanaque deste ano ao carón dun reloxo adiantado.
No botelleiro, botellas cheas e tamén antigos discos de vinilo co novo xiradiscos.
A cheminea sen usar e un par de xarróns baleiros.
A porta aberta e tras ela estantes cheos de libros e máis libros e máis libros e máis libros.
Flores rosadas e unha lámpada de pé apagada.
A mesa solitaria rodeada das súas cadeiras con bolsos nos asentos.
A mesa do centro onde está o ordenador conectado.
O meu vaso con dous dedos auga e a xerra coas marcas da friaxe.
Eu.
O teléfono calado e o mando esperando.
E de novo, o sofá ocupado.

Advertisements

Unha reflexión sobre “Fotoescrita: o meu salón

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s