Falo da fala

Falar da fala é moi doado: ó falar non ten cancelas. Mais falar da fala galega sempre ten certos tinturas reivindicativos da nosa identidade e nacionalismo. E falar da fala castelán sempre ten un aspecto imperialista, centralista ou impositor.

Falar de ambas as dúas ao tempo, e incluso falar ambas as dúas, ten… a súa graza.

Eu penso: non hai respecto entre nós, usuarios de cada unha. E onde perdemos o noso respecto? Nestes tempos só podemos estar dun bando ou doutro? Nunca cabe dos dous? Nunca dos dous? Tempos politicamente correctos para tantas e tantas cousas incorrectas.

Ou con deus ou co diaño. Pero, volvo a pensar, cal é cal? E penso, vaia estraño costume o que teño, e se resulta que non hai ningún dos dous? Pois vaia…

Penso, por unha banda, que deus é a lingua galega, lingua proletaria do meu pobo. É a que sempre foi maltratada, denigrada, desprestixiada. E é a que máis amamos. A nosa fala vernácula era a que precisaba das nosas atencións, queixas, defensas e coidados. Non quixera entrar en políticas, pero hoxe, a nosa fala hoxe converteuse en arma que disparar.

E penso, por outra banda, a nosa lingua tamén é o diaño. É o diaño cando se impón sobre as demais por decreto. E sigo sen querer entrar en políticas, pero a min sempre me estrañou que as normas da linguaxe galega se publicaran nun Diario Oficial… É o diaño tamén cando deixa de ser unha elección persoal para ser una obriga laboral. É o diaño cando a súa defensa supón a discriminación doutras, usando tamén a forza -verbal- inxustificada.

E volvo a pensar, claro está. E a lingua de Cervantes foi de sempre o diaño. Serviu para apartar dos seus orixes aos señores fortes da nosa terra e sometelos a réximes feudais. Serviu para exportar ideas e coñecementos dende as capitais ás terras de Breogán, e moito máis lonxe. Serviu para impoñer, aquí e nos outros mares, e destruír culturas milenarias na defensa dun poder central. E serviu tamén para facer patria, facer de todos un, para atopar o camiño do desenvolvemento conxunto.

Pero a lingua das Españas é tamén deus ó ser coa que achegamos as nosas culturas ó mundo. Esa lingua tampouco é un demérito cultural, senón que é un acervo máis da nosa capacidade. Esa lingua é a que nos permite defender a nosa identidade nacional tanto coma calquera outra. Esa lingua é a que fai de nós parte dunha sociedade mundial, defectuosa, certo, pero completa.

E esa lingua hoxe tamén está sendo atacada. E pronto, a nosa tortilla dará a volta. E volveremos ser o máis “far west”. Entón é cando eu expreso as miñas ideas usando grafías, letras, pequenas liñas e parágrafos. Entón é cando eu pido respecto.

Respecto para a lingua castelán. O mesmo respecto que nós desexamos, que ti desexas e con tanta forza defendes para o noso galego. Respecto ás miñas liberdades. Respecto tamén as túas liberdades. De cativo, a miña mai dicíame aquilo de que a túa liberdade comeza onde termina a dos demais. A miña liberdade de falar en galego tamén. Ou en castelán.

Respecta. Respecto.

Liberdade teño para defender en galego a miña lingua castelán. Liberdade teño para defender en castelán a miña lingua galega. E sempre as miñas linguas. Sempre respecta. Sempre te respectarán.

Porque, con ese respecto, son español e castelán falante, un orgullo coma poucos neste mundo. Porque, con ese respecto, son galego e galego falante, a maior das posibles honras que podería ter. E si, pódese, podemos, e poderemos vivir coas dúas. E o meu convencemento.

Porque, e penso, dende cando a cultura converteuse nun “quítate ti para me poñer eu”? Dende cando a cultura, o saber, ocupa lugar?

Por que razón non soñar cos versos de Neruda, Becquer ou Rubén Darío en versión orixinal? E por que razón non soñar cos versos de Celso Emilio, Cunqueiro ou Castelao na súa versión orixinal? Acaso a cultura ou a lingua é patrimonio exclusivo dun grupo determinado de elixidos, quizáis de auto-elixidos? Que maior pracer que ler a sensibilidade de Gala ó tempo que poder ler a saudade de Rosalía? Que maior maxia poderemos deixar en herdanza que a paz e o entendemento entre nós?

Respecto. Respecta. Respectemos.
E falemos.

Advertisements

Unha reflexión sobre “Falo da fala

  1. É canto menos curioso que a estas alturas da vida ainda nos teñamos que posicionar por unha lingua, cando as linguas non son máis que códigos de comunicación nun mundo onde onde partimos mínimo cunha lingua estranxeira para abrir barreiras, eu son dos que comparto sentimentos con Celso Emilio, por que si, por que me dá a gana, e emprego o castelan cando debo, e ingleés a miudo e o italiano cando podo, por que desexo comunicarme, debemos pensar que somos afortunasdos por vivir nun sitio bilingue, e onde o resto das linguas que adquirimos, non son máis que agasallos, respecto, si, sempre e en todo momento, hai outro xeito de comunicar que non sexa con respecto?, pois cerremos un debate absurdo non hai bos nin malos, nin ganadores nin vincidos todos, somos cidadans do mundo cos mesmos dereitos.

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s