Orden directa ó corazón: prohibido sentir

Foi tempo.
Era o tempo de sentir.
E houbo un tempo no que sentín.
Agora, o tempo é pasado.

Pasaron días e semanas
e a miña cabeza loitaba
por encher páxinas con letras
do máis profundo do meu ser.
En máis dunha ocasión senteime,
tratei de facelo, de escribir.
E saían, si, saían. Eu escribía, si,
pero eu non sentía.
E as miñas letras son sentimentos.

Amor, paciencia, cariño, dozura,
envexa, rabia, sensualidade,
paixón, sexo, delicadeza,
presenzas, compañas,
estancias, ausencias.
A túa ausencia.
A túa ausencia…

O espazo baleiro que a túa marcha deixou.
Arrebatáronte de min.
Non, non é certo.
Arrebatoute el de min.
Non, non é certo tampouco.
Arrebatácheste de min.
Eu, sen capacidade de reaccionar,
sen posibilidade de loitar por ti
quedei ferido coma animal doente
que perdía o seu espazo natural.
E perdín o meu tempo.
Tempo de sentir, de amar.
Tempo de ilusións. Tempo de ti.

E os días chegan.
Días nos que quixen chorar por nós
e non puiden.
Días nos que quixen loitar por nós
e non puiden.
Non me deixaches. Non querías nin quixeches.
Días nos que eu quixen, días no pasado.
E hoxe, nestes outros días pode que ela, que aquela,
pode que alguén ou mesmo pode que ti
chegues a quererme de novo.

Pero nestes días descubrín
o baleiro que estou,
baleiro despois de ti.
E, nestes días,
coma nunca ninguén me ensinara,
coma mestra dos meus anos cativos
nunha aula que un día compartimos
a escuras os ollos, alumeados os corazóns,
así de ti aprendín o que é vivir con tan belas ilusións,
e contigo aprendín a rachadas e afogadas.
E hoxe, máis que nunca e tras de ti,
ordénollo ó meu corazón: tes prohibido sentir.

—x
Rabbit ER

Advertisements

Se queres comentar algo... adiante!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s